Skip to main content
Quiroga

A Asociación de Veciños de Parteme celebrou cos veciños a festa do Magosto e o premio V de Veciño

Por 2 Novembro, 2023Novembro 3rd, 2023Sin comentarios

Os veciños da parroquia de Parteme celebraron a súa festa de Magosto, organizada pola Asociación de Veciños de Parteme, á que convidaron a todos os veciños e veciñas da parroquia así como tamén a cidadáns do municipio.

A festa do magosto, que facía máis de 30 anos que non se celebraba, celebrouse na casa da escola (casa do pobo) de Parteme e acolleu  ademais unha festa con motivo da celebración do premio que lle deron a este asociación hai dúas semanas na Festa do Veciño, celebrada en Lugo.

O alcalde de Quiroga e o portavoz do BNG tamén se achegaron a celebrar cos veciños desta parroquia a festa do magosto e remarcou o valor do premio de V de veciño pola actividade que desenvolve esta asociación no municipio de Quiroga.

“Foi un día xenial, facía moitos anos que non faciamos este tipo de eventos e é positivo organizar estes eventos para mellorar a vida do pobo e a convivencia entre os veciños”, sostivo Santiago Morillo, tesoureiro da Asociación de Veciños de Parteme.