Skip to main content
Quiroga

O 25N é o motivo dun novo concurso de fotografía en redes sociais convocado polo BNG de Quiroga

Por 24 Novembro, 2023Sin comentarios

O BNG de Quiroga convoca un concurso en redes sociais con motivo do 25N no que premiará as mellores frases de lugares de Quiroga xunto cunha foto alusiva ao 25N.

Desta forma, súmanse á conmemoración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, reivindicando o bo trato sempre dende a igualdade e rexeitando todo tipo de violencia, nomeadamente a machista.

Para iso, activan en redes sociais unha campaña de visibilización “desta lacra social que non damos erradicado” na que, explican, “animamos a enviar frases de rexeitamento á violencia machista xunto cunha foto dalgún lugar de Quiroga para ir publicando e que a xente poda votar por elas con ‘gústames’”.

Así, as fotos poderán enviarse por mensaxería interna dos perfís de redes sociais ou a través do correo electrónico quiroga@bng.gal e o BNG publicará as imaxes con frase que nos cheguen sen dicir o seu autor.

As fotos que teñan máis ‘gústames’ o día da súa publicación e ata o domingo 26 de novembro ás 00.00 horas terán un vale de 25 euros a gastar nalgunha das librarías de Quiroga.