Skip to main content
Ribas de Sil

Comezan as obras de mellora da accesibilidade do Xeomiradoiro de Pena do Ladeiro

Por 2 Novembro, 2023Sin comentarios

O Concello de Ribas de Sil comezou as obras de mellora da accesibilidade do Xeomiradoiro de Pena do Ladeiro. Con esta actuación ofrecerase un novo punto de observación pensando nas persoas con problemas de mobilidade

Ademais, tamén se levará a cabo unha pequena ampliación do espazo de aparcamento. Esta  intervención conta cunha axuda de 10.000 euros de Fondos Leader da Unión Europea que financia as obras ó 90%.

Ademais desta actuación, tamén se levou a cabo a inauguración dun dos novos paneis turísticos que veñen de instalarse nestes días.