Skip to main content
Ribas de Sil

Investiranse 162.000 euros na mellora do saneamento do Concello de Ribas de Sil

Por 7 Novembro, 2023Novembro 8th, 2023Sin comentarios

José Antonio Quiroga, presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS) e Miguel Ángel Sotuela, alcalde de Ribas de Sil, firmaron este martes o convenio que establece o marco de colaboración para a financiación, disposición de terreos, execución e entrega das actuacións do proxecto de construción dunha depuradora de augas residuais no núcleo de San Pedro.

Como apuntan dende a CHMS, actualmente en San Pedro existe una fosa séptica en moi mal estado, construída fai máis de 40 anos e que se atopa dimensionada para uns 100 habitantes. O novo proxecto implica a construción dunha nova estación depuradora de augas residuais, con capacidade para unha poboación estimada futura de 150 habitantes equivalentes e que se conectará á rede de colectores existente.

Estas actuacións requiren unha inversión de 162.000 euros, dos que un 80 % serán sufragados pola CHMS e o restantes polo Concello. Este proxecto busca dar solución “aos vertidos que se están producindo no río Sil que reducen a calidade das augas e imposibilitan o uso e gozo do río para a poboación”, explicou o presidente.