Skip to main content
O Saviñao

O libro ‘Poetas do Reencontro II’ foi presentado no Círculo Saviñao

O Círculo Saviñao acolleu esta fin de semana a presentación do libro ‘Poetas do Reencontro II’, organizado pola Irmandade Poética e Artística Galaico-Lusa, que preside o chantadino Anxo Boán en colaboración coa Asociación de Poetas da Ribeira Sacra.

Os autores presentes recitaron algunhas das súas obras, inéditas ou da citada publicación, e contaron coa amenización musical de Andrés e Eladio, dous dos membros do grupo Os Tarabelos do Ribeiro.

Ademais dos escritores e músicos, foron moitas as persoas de Escairón pero tamén de Monforte os que se achegaron ata este local para desfrutar dunha tarde de literatura e amizade.