Skip to main content
O Saviñao

Catro representacións teatrais terán lugar durante o mes de novembro no Saviñao

O Círculo Saviñao presenta as catro actividades enmarcadas no seu ciclo do teatro durante este mes de novembro e principios de decembro.

Así, a primeira delas será o vindeiro 12 de novembro coa comedia ‘Vivan os noivos’, da Adala, que traerá a súa representación ás 19.30 horas no auditorio municipal de Escairón.

Pola súa parte, o 19 de novembro terá lugar a posta en escena de ‘Un home malo’, da Compañía solitaria do Dr. Monifate, a partir das 18.30 horas da tarde no mesmo lugar.

Xa o 25 de novembro terá lugar a presentación de ‘Fuga’, do grupo 57 palabras de Viveiro no auditorio municipal ás 19.30 horas.

Por último, e xa en decembro, o día 2 terá lugar a representación da comedia ‘A cegueira de Cupido; porque o amor nunca é o que parece’, de Viraventos, ás 19.30 horas tamén no auditorio municipal.