Skip to main content
O Saviñao

A CHMS reparará a ponte de paso sobre o río Portiño no Concello do Saviñao

Por 11 Novembro, 2023Novembro 12th, 2023Sin comentarios

O Confederación Hidrográfica do Miño-Sil executará unha obra de paso sobre o río Portiño, no lugar de Ourigo, afectada por intensas crecidas de caudal que provocaron o corte ao tráfico da infraestrutura existente, co consecuente prexuízo para os veciños.

José Antonio Quiroga, presidente da CHMS, organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, e o alcalde do Saviñao, Juan Carlos Armesto, rubricaron o Convenio que posibilita as actuacións necesarias para levar a cabo esta obra.

A actuación consistirá na retirada dos restos da infraestrutura preexistente e a limpeza do leito na zona afectada, como paso previo ao comezo das obras da nova ponte que está deseñada cunha sección suficiente para o paso da máxima avenida indicada polo plan hidrolóxico vixente. Ademais, está proxectada a  reposición do pavimento da estrada afectado por estas obras.

“En aras da colaboración entre administracións, esta Confederación Hidrográfica do Miño-Sil cofinanciará as actuacións necesarias para construír unha nova obra de paso que, cumprindo coas prescricións do plan hidrolóxico vixente, teña a capacidade de desaugadoiro suficiente e permita restablecer o tráfico a través da estrada agora cortada” explicou o presidente.

O investimento necesario estímase en 150.000 euros, que serán sufragados en porcentaxe 80% pola CHMS e o 20% restante polo Concello.