Skip to main content
O Saviñao

A estrada que comunica Escairón con Marrube ata o lugar de Felón xa está mellorada

Por 24 Novembro, 2023Sin comentarios

O Concello de O Saviñao vén de rematar a mellora da estrada municipal que comunica Escairón con Marrube ata o lugar de Felón, unha actuación, que contou cun investimento de 119.000 euros, e que a entidade local financiou con cargo ao PEIM (Proxectos Estrátexicos de Infraestruturas no Medio Rural) 2023.

O alcalde do municipio, Carlos Armesto, supervisou os traballos que remataron no día de onte. Consistiron no acondicionamento do firme, garantido así a seguridade aos usuarios que transitan a cotío por ela.

A entidade local continúa deste xeito, segundo afirma o máximo mandatario municipal, co obxectivo de mellora dos accesos ás parroquias. Neste senso, Armesto adianta que, “nos vindeiros días, iremos dando conta de máis obras e máis servizos que estamos a levar a cabo grazas á colaboración do plan da Xunta de Galicia”.