Skip to main content
Deportes SARRIAXASarria

Un alumno da AC Taekwondo Sarria conseguiu unha medalla de prata no Open de Pontevedra

O alumno da Escola de Taekwondo de Sarria, Mateo Fernández, vén de conseguir a medalla de prata no Open de Pontevedra que se celebrou na xornada do sábado.

Mateo, que participaba en categoría cadete infantil masculino, competía de maneira individual nunha categoría de 15 participantes. Así, pasou a primeira rolda de 2, e aínda que na final logrou recortar distancias ao primeiro, perdeu por unha diferenza de 0,6 puntos.

O seu entrenador, Álex Losada, valora esta medalla de prata como “moi meritoria, xa que había moito nivel e deportistas que están na selección española”. Ademais, di que “Mateo está a ter unha progresión moi boa, e estamos moi contentos co trbajo que está a facer”, sostivo.

Ademais, con esta medalla de prata, Mateo asina oficialmente a primeira medalla do club AC Taekwondo Sarria, “sumando os seus primeiros puntos para clasificación galega e loitas para formar parte da selección galega”, concluíu o campión nacional.