Skip to main content
Deportes SARRIAXAO Páramo

O SD O Páramo suma outros tres puntos despois de enfrontarse contra o SD Monterroso B

Por 13 Novembro, 2023Sin comentarios

O equipo do Páramo volveu gañar outro enfrontamento, neste caso contra o SD Monterroso B, ao que lle meteron 5 goles a 1 na oitava xornada de Terceira Galícia, Grupo Sur.

Hugo, José López, Jony Lopes, Diego de Gomez e Marquitos foron os futbolistas que fixeron posible a vitoria despois de marcar no seu campo, o das Rapadas, os tantos que lles levaron ao éxito.

Desde o equipo din que “foi un gran traballo do equipo que, pese as baixas, consegue os 3 puntos que nos permiten seguir no alto da táboa”, polo que defenden que seguirán traballando.