Skip to main content
Deportes SARRIAXASarria

Os Carro x Catro organizou unha actividade como previa á XI Ruta 4×4 da Comarca de Sarria

Por 16 Novembro, 2023Novembro 17th, 2023Sin comentarios

Efrén Castro, vicepresidente da Deputación de Lugo, deputado de Deportes e portavoz do BNG en Sarria, achegouse ao IES Gregorio Fernández de Sarria para participar dunha actividade organizada pola Asociación Os Carro x Catro como previa á XI Ruta 4×4 da Comarca de Sarria que se celebrará esta fin de semana.

Ademais da ruta turística, a organización realiza estas actividades, a modo de exhibición, dirixidas especialmente á mocidade e, no caso do IES Gregorio Fernández, pensando especialmente no alumnado dos ciclos de fabricación mecánica, mecanizado ou mantemento industrial, que se imparten no centro.

A área de Mocidade da Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora coa organización desta ruta turística con vehículos 4×4, que terá como punto de referencia Sarria, que será saída e meta e centrará parte do itinerario, e percorrerá tamén os concellos de Láncara, Baralla, Becerreá, Triacastela e Samos, servindo de escaparate para as paisaxes e recursos turísticos da comarca e xerando unha importante actividade na hostelería e restauración.

A ruta conta xa con máis de 370 participantes inscritos e comezará ás 22.30 horas coa saída nocturna polos arredores da vila de Sarria. Pola súa parte, o sábado 18 a saída de ruta será ás 08.30 horas e chegarase a Triacastela ás 14.00 horas, onde comerán. Xa ás 19.00 horas rematará a ruta e ás 21.30 horas será a cea de gala.

Por último, o domino 19 ás 09.00 horas os participantes reuniranse no parque do Chanto para almorzar a ás 09.30 horas terán lugar as probas de habilidade no polígono de O Morelle. Xa ás 15.00 horas celebrarase o xantar no parque do Chanto e ás 16.00 horas será a entrega de trofeos.