Skip to main content
Deportes SARRIAXAParadela

O Paradela suma tres puntos tras o seu encontro co Palas no Gandarón

Por 28 Novembro, 2023Sin comentarios

O Gandarón acolleu este domingo o encontro do S. D. Paradela co Palas C. D. que rematou co triunfo dos locais e un resultado 2-1.

O primeiro tanto chegaba no minuto 7 da man de Juan Manuel Silva. Diego Castro poñía o marcador 2-0 no minuto 31. Xa na segunda parte, concretamente no minuto 72, Adrián marcaba o último gol do encontro.

Os xogadores, que estreaban camiseta, amosaron mostras de cariño e apoio aos seus compañeiros Romi e Erow, desexándolles unha pronta recuperación para que volvan pisar o antes posible o campo.