Skip to main content
Axenda CaducadaO Incio

A Sociedade Deportiva e Cultural Laiosa celebra o seu magosto o 18 de novembro

Os veciños e veciñas de Laiosa, no Incio celebran a súa festa de magosto o vindeiro 18 de novembro a partir das 21.00 horas da noite grazas á organización da Sociedade Deportivo Cultural Laiosa.

Así, as persoas que queiran participar desta actividade na que se xuntarán veciños e veciñas para desfrutar dunha festividade propia do outono poderán facelo aportando unha cantidade simbólica sexan socios ou non.

Poderase desfrutar da gastronomía con empanadas, xamón á feira, pementos, troitas, churrasco mixto, larpeira, castañas, bebida, café e licores, así como tamén haberán agasallos e sorpresas.