Skip to main content
O Incio

Os servizos municipais do Incio xa contan cunha miniescavadora para poder traballar mellor

O Concello do Incio adquiriu unha miniescavadora para desenvolver os diferentes traballos dos servizos municipais por valor de 54.450 euros.

Así, a brigada de obras e servizos contará cun vehículo necesario para acometer actuacións e reparacións en diferentes lugares do municipio dunha maneira máis eficaz, concretamente en actividades de xardinaría e desbroces, reparación de caminos e vías públicas, mellorar as redes de abastecemento e saneamento…

Desta maneira, os veciños e veciñas do Incio poderán desfrutar do seu municipio e dos seus recursos naturais, patrimoniais, culturais e de dominio público e poñer en valor este concello da comarca de Sarria.