Skip to main content
O Incio

O Concello do Incio xa conta cunha escavadora para a prestación de servizos municipais

Por 17 Novembro, 2023Sin comentarios

O Concello do Incio vén de adquirir unha escavadora para a prestación de servizos municipais, segundo anunciou o alcalde do Incio, Héctor Corujo, que foi o encargado de recibir a máquina, que foi entregada por Fernando José López Méndez, responsable da empresa Fevisa.

Esta actuación, que supón un investimento de 54.450 euros, conta cunha axuda de 29.000 euros da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes con cargo ao Fondo adicional ao Fondo de Cooperación Local destinado a Concellos de Galicia de poboación inferior a 15.000 habitantes, dentro da súa liña 2, Subministración de maquinaria e equipamento para a prestación de servizos municipais.

Así, trátase dunha máquina modelo Hidromek 102S, con diferentes cazos retro e cazo dianteiro que pola súa versatilidade permite que poida ser utilizada en traballos moi diversos, adquirida a Fevisa Vías y Obras S.L. e.

“Grazas a este equipamento o Concello dota á brigada de obras e servizos dunha maquinaria coa que non contaba e que permitirá dar resposta a diferentes tipos de necesidades como reparacións de camiños, da rede de abastecementos ou saneamentos, retirada de neve, acometer pequenas obras, etc., dunha forma máis eficiente e rápida e que en definitiva mellorará os tempos de resposta ante todos tipo de incidencias e a calidade de vida dos veciños e veciñas”, explican desde o Goberno local.