Skip to main content
O Incio

Unha actividade para aprender a educar en igualdade terá lugar no colexio do Incio

Por 28 Novembro, 2023Xaneiro 4th, 2024Sin comentarios

A Anpa do Ceip Ricardo Gasset do Incio promove unha actividade só para persoas adultas que se desenvolverá no centro educativo no marco do Día Contra a Violencia contra a Muller, o 25N.

Así, este 29, mércores, de novembro, en horario de 16.30 a 18.30 horas terá lugar ‘Artesa en igualdade’ na escola de familias. Esta actividade está dirixida a familias ou persoas interesadas en adquirir as ferramentas necesarias para educar en igualdade e o acompañamento respectuoso.

Durante a iniciativa, crearase un espazo para a reflexión, no cal abordar o acompañamento das emocións, da sexualidade coas crianzas, estereotipos e todo isto desde unha metodoloxía dinámica e vivencial.