Skip to main content
Axenda CaducadaO Incio

O Incio pon en marcha un programa de actividades para os máis cativos durante o Nadal

Por 28 Novembro, 2023Sin comentarios

O Concello do Incio pon en marcha un programa de actividades para o Nadal dirixidas a nenos e nenas de 3 a 13 anos. Os máis pequenos poderán gozar de obradoiros, contacontos e música entre decembro e xaneiro.

As propostas, que se realizan en horario de 10.00 a 14.00 horas, comezan o 26 de decembro cun obradoiro de tarxetas de Nadal. O día 27 poderán aprender a calcetar, na actividade do 28 o protagonista será o humor e na do 29 levarán a cabo a despedida do ano con festa e badaladas.

O programa continúa o 2 de xaneiro cun obradoiro de reciclaxe para facer bolas de neve, mentres que o día 3 poderán gozar dos instrumentos musicais. O xoves 4 os nenos e nenas do Concello poderán participar nunha sesión de contacontos e ao día seguinte xa se prepararán para a noite de Reis. Os interesados en participar deben anotarse no Concello.