O Concello do Incio continúa aumentando as propostas que conforman o seu programa para as próximas festas. Deste xeito, pon en marcha dous novos obradoiros de coroas de Nadal para adultos.
As actividades organizadas no multiusos do Concello terán lugar os días 3 e 17 de decembro. O prezo é de dez euros co material incluído.
As prazas son limitadas, polo que as persoas interesadas en participar deben anotarse no Concello ou no 982 427 014.