Skip to main content
Láncara

O Goberno local de Láncara pediralle á Xunta resolver “as grandes deficiencias do transporte”

Por 13 Novembro, 2023Sin comentarios

A moción presentada polo alcalde de Láncara, Darío Piñeiro, no pleno extraordinario, foi aprobada por unanimidade. Durante esta iniciativa, pediu instar á Xunta de Galicia a resolver, de maneira urxente, “as graves deficiencias que sofre o transporte metropolitano”, moción que foi apoiada por todas as forzas políticas.

Así o informaron desde o Goberno local, xa que este transporte “ademais de superar as velocidades máximas permitidas de 80km/h, os nosos mozos teñen que viaxar de pé ou incluso sentados nas escaleiras, coa gravidade que elo conleva”, explican.

Tamén se aprobou pedir á Xunta que se incorporen novas paradas de bus nos itinerarios que realiza o transporte escolar, “posto que hai novas necesidades ou as paradas existentes están mal deseñadas. Para que o rural non esmoreza, debemos seguir loitando”, concluíron.

Durante o pleno extraordinario, tamén, tomou posesión como novo concelleiro de Juan José Díaz por parte do PSOE de Láncara.