Skip to main content
Láncara

A veciñanza de Muro, en Láncara, decora as súas casas para darlle a benvida ao Nadal

Por 24 Novembro, 2023Sin comentarios

A parroquia de Muro no Concello de Láncara vén de acender as súas luces de Nadal, que decoran máis de 20 casas dos veciños e veciñas para dar a benvida á nova etapa festiva.

Así, un grupo de veciños e veciñas levan desde a pandemia decorando as súas vivendas como unha tradición para decorar o pobo co maior maior número posible de casas da parroquia, unha iniciativa que ten, cada ano, moita aceptación.

Desta maneira, a veciñanza de Muro conseguiu atraer en anos anteriores moitas persoas de diferentes partes de Galicia atraídas pola novidosa forma de agruparse e facer piña que teñen estes veciños de Muro, que crean tan bo ambiente que algún visitantes ata repiten.

Por isto, Darío Piñeiro, alcalde de Láncara, di estar encantado con esta iniciativa e as luces de Muro, polo que desde o Goberno local xa preparan un premio para a casa mellor decorada da parroquia.