Skip to main content
Paradela

A xornada divulgativa sobre o ENIL Loio-Ruxidoira deixou moi bo sabor de boca aos participantes

Por 6 Novembro, 2023Novembro 8th, 2023Sin comentarios

O centro sociocultural de Paradela acolleu unha xornada divulgativa sobre o ENIL Loio-Ruxidoira, un espazo de interese natural que transita a ambas marxes do Río Loio (Paradela) composto por vexetación autóctona entre a que destacan carballos, soutos centenarios e bosques de ribeira.

Por isto, a xornada incluíu diferentes bloques temáticos nos que diferentes profesionais falaron sobre os valores naturais e sobre as iniciativas de xestión do ENIL e do medio flora e fauna; así como os valores patrimoniais etnográficos presentes no ENIL.

Por outra banda, os relatores tamén trataron as iniciativas de xestión conxunta e a aplicación da Lei de recuperación de Terras Agrarias, na que participou Xestión Conxunta e durante a cal se expuxeron exemplos inspiradores de xestión da man de Souto Activo, que falou da recuperación dun souto tradicional en Vilar do Courel para a posta en produción e regata de San Mateo.

Entre os profesionais e asistentes á xornada, destaca o alcalde de Paradela, que viu acompañado por Jesús Montouto, xefe territorial da Consellería de Medio Ambiente de Lugo.

Entre as persoas participantes atopábase Roberto Cabo, enxeñeiro que forma parte da Asociación de Propietarios Ribeira de Sucastro, quen valorou esta xornada como “moi boa, xa que houbo intervencións moi interesantes e algúns ponentes con moito que contar”.

Ademais, tamén destacou a segunda parte da xornada, na que se falou sobre a construción dun polígono para recuperar uns viñedos e tamén sobre a asociación que veñen de constituír hai uns meses, que ten pensado empezar a actuar dentro de pouco para así xestionar e facer traballos para axudar a recuperar o uso e aproveitamento de terreos.