Skip to main content
O Páramo

O goberno local do Páramo di avanzar no proxecto de creación dunha residencia para maiores

O goberno local do Páramo recibiu a membros da Fundación San Rosendo e responsables políticos da Xunta de Galicia co fin de avanzar co proxecto da Residencia de Maiores do Páramo.

Durante esta visita, achegáronse ao solar onde se van a emprazar as instalacións e departiuse sobre as características que debe de ter a dita residencia para que sexa viable a sua implantación.

Esta foi unha das propostas electorais do PP, que agora goberna a localidade, e sobre ela se está a traballar “para facela realidade”, explican desde o Goberno local, “para dotar así ao noso concello duns servizos que eran moi necesarios para mellorar a calidade de vida dos parameses e paramesas”, concluíron.