Skip to main content
O Páramo

Un veciño do Páramo busca cidadáns do municipio para gravar o Himno do Páramo en Sarria

Por 15 Novembro, 2023Sin comentarios

Un veciño do Páramo, Manu Rodríguez, e fundador do grupo de música Guecho’s no ano 1999; vén de propoñer aos parameses participar da gravación dunha canción en Sarria.

A canción é o Himno do Páramo, polo que para o veciño tiña “todo o sentido” que participaran veciños e veciñas do Páramo, “xa que fala deles”, explica.

“Queriamos facer unha versión nova, xa que gravamos o Himno hai moitos anos aquí e despois eu en Barcelona, pero ao volver ao Páramo, decidín que había que facer algo novo”, explica.

Por outra parte, ademais de Guecho’s, actualmente ten outro grupo de música, Kasyade, co que quere gravar polo menos 12 ou 14 cancións para poder empezar a actuar en lugares como o Buril de Sarria.

Por outra banda, cre podería ser unha opción facelo tamén no Páramo, pero critica que non obtivo axuda do goberno local cando foi falar co alcalde. “O Concello do Páramo antes axudaba moito, agora non tivemos ningún tipo de axuda, é máis, díxonos que para un equipo de fútbol si, pero para a música non. E eu se actúo non quero facelo no chan, temos que ter un espazo mínimo”, sentenciou.