Skip to main content
Axenda CaducadaSamos

Os veciños de Estraxiz, en Samos, celebran o seu magosto o 4 de novembro

Por 3 Novembro, 2023Sin comentarios

Este sábado 4 de novembro, os veciños de Estraxiz organizan o seu magosto ao que convidan para un rato agradable con castañas e música.

O menú do xantar popular estará composto de empanada, lacón, postre, castañas con roncos, bebida e café por un prezo de 14 euros.

Os interesados en achegarse, que poden confirmar a súa asistencia, tamén poderán gozar dunha sesión de música a cargo dun dúo a partir das 16.30 horas.