Skip to main content
Samos

O reloxo da torre de Samos estará exposto a pé de rúa durante a vindeira semana

Por 5 Novembro, 2023Novembro 6th, 2023Sin comentarios

O Concello de Samos expón, a partir da vindeira semana, o reloxo da torre a pé de rúa, tras unha porta de cristal, xunto á torre para que tanto os veciños e veciñas como os turistas poidan observar o reloxo cada vez que pase camiñando por alí.

Este reloxo trátase dunha peza que data do ano 1802, e que por aquel entón se atopaba no Mosteiro, ata que no 1835 tivo que ser trasladada ao Concello para que non a roubasen ou sufrise algún deterioro.

“É un tesouro gardado do que gozamos os samonenses, e queríamos poñelo á vista de todos porque é digno de ver e desfrutar”, defenden desde o goberno local samanense.