Skip to main content
Samos

O BNG de Samos critica que os orzamentos “confirman o abandono do goberno do PP a Samos”

Por 7 Novembro, 2023Novembro 8th, 2023Sin comentarios

O responsable local do BNG de Samos, Emilio López, cualifica os orzamentos da Xunta de 2024 como “unha bomba de fume electoral e continuistas no abandono de Samos”, confirmando así o abandono do goberno do PP a Samos”.

Para a fronte nacionalista, “esta proposta de orzamentos da Xunta do 2024 non aporta nada ao noso concello, e isto é unha mala nova para Samos”, xa que di que un Concello rural como Samos “precisa ter uns orzamentos que nos permitan ter un desenvolvemento económico para que o concello medre e sexa referente na comarca”.

Emilio López cualifica como “indignantes” estes orzamentos autonómicos e por iso se van presentar diferentes enmedas solicitando os investimentos que reclama a veciñanza.

Ademais, defendeu que a Xunta de Galicia “ten que dotar ao Concello de Samos dos servizos públicos básicos na zona rural, como as vivendas comunitarias, que supoñen un gasto moi elevado para o Concello, e do que a Xunta se debería facer cargo, non derivando competencias aos concellos”.

Así, concluíu que “o Concello está a facerse cargo dunha boa parte do gasto que supón a atención aos nosos maiores e este investimento debería estar máis reforzado pola Xunta de Galicia, e eso será o que esixiremos coas enmendas aos orzamentos da Xunta”, concluíu Emilio López.