Skip to main content
Axenda CaducadaSamos

Os nenos e nenas de Samos poderán gozar da Furgoteca o 15 e o 30 de novembro

Por 7 Novembro, 2023Sin comentarios

O servizo da Furgoteca, a biblioteca móbil de Galicia, volve achegarse ao Concello de Samos os días 15 e 30 de novembro para ofrecer libros, películas, música, xogos e publicacións periódicas.

O itinerario do mércores 15 comezará ás 11.00 horas en Samos para trasladarse de 12.10 a 12.30 horas a San Martiño do Real. Despois, de 12.40 a 13.10 estará en Renche, de 13.30 a 14.00 estará en San Cristovo de Lóuzara e de 14.20 a 14.40 atoparase no Vao. A última parada nesta xornada será de 14.50 a 15.30 en Castrocán.

O xoves 30 os nenos e nenas tamén se poderán achegar a Samos onde o servizo estará en funcionamento de 12.50 a 15.50 horas. Ademais deste Concello, dentro da provincia de Lugo o servizo está en funcionamento en Baleira, Cervantes, Folgoso do Courel, O Incio, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro e Triacastela e acumula xa máis de 4.500 visitas e preto de 4.500 préstamos de exemplares.

O servizo, que continuará ata final de ano percorrendo o rural das provincias de Lugo e Ourense, tamén serviu para tramitar 1.200 altas no carné e ofrecer aos usuarios conexión a internet, equipos informáticos portátiles e impresoras.