Skip to main content
Samos

O Concello de Samos mantén o seu programa de comida a domicilio para os maiores

Por 8 Novembro, 2023Novembro 9th, 2023Sin comentarios

O Concello de Samos informa de que continúa en funcionamento o programa Xantar na Casa. A iniciativa, a través da que se ofrece comida a domicilio, naceu no ano 2009 co obxectivo de facilitar e garantir unha alimentación equilibrada e de calidade, adaptada ás necesidades das persoas maiores.

Os menús que están dispoñibles son variados e sempre están adaptados ás necesidades das persoas usuarias, incluíndo primeiro e segundo prato, sobremesa e pan.

Trátase dun programa financiado pola Xunta de Galicia e polo propio Concello, de maneira que os usuarios só teñen que pagar da 1,76 euros por menú. Os interesados poden solicitar máis información contacto coas traballadoras sociais do Concello, en horario de luns a venres de 09.00 a 14.30 horas.