Skip to main content
Axenda CaducadaSamos

Ábrese o proceso de selección para un posto de auxiliar de axuda no fogar en Samos

Por 10 Novembro, 2023Novembro 11th, 2023Sin comentarios

Desde este venres 10 e ata o vindeiro xoves 16 queda aberto o prazo para presentar solicitudes para a praza dun auxiliar de axuda no fogar no Concello de Samos. A contratación realizarase a xornada completa, coa finalidade de colaborar na prestación do servizo de axuda no fogar do Concello e con plena dispoñibilidade horaria.

O servizo ten autonomía propia dentro da actividade normal da empresa e, aínda que sexa limitado no tempo, é de duración incerta, xa que a contratación, sen dotación económica estable, atópase financiada maioritariamente con ingresos procedentes da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia no Programa de Asignación de Recursos do Servizo de Axuda no Fogar.

O contrato estenderase dende a súa sinatura, mentres permaneza a subvención que os financia e ata que se manteña a demanda ou a necesidade de prestar o servizo coa intensidade que motivou a contratación. Os interesados poden consultar as bases na web do Concello.