Skip to main content
Axenda CaducadaSamos

Estíbaliz Veiga actúa en Samos coa función ‘Golpes’ o 19 de novembro

Por 14 Novembro, 2023Novembro 16th, 2023Sin comentarios

Con motivo da programación do 25N, o Concello de Samos acollerá a obra de teatro ‘Golpes’, a través da Secretaría Xeral de Igualdade.

A cita será o vindeiro 19 de novembro a partir das 17.00 horas no salón de actos do multiusos. Trátase dun espectáculo teatral pedagóxico, que analiza o impacto da violencia de xénero.

‘Golpes’, que tenta concienciar á mocidade na súa prevención, é unha obra enfocada a todos os públicos.