Skip to main content
Axenda CaducadaSamos

Samos acolle un concerto para visibilizar as mulleres compositoras postergadas na historia

Por 18 Novembro, 2023Novembro 26th, 2023Sin comentarios

Con motivo da programación do 25N, o salón de actos do Multiusos de Samos acolle o concerto Música de mulleres para ser cantada por mulleres, do proxecto Creadoras de Música, da man do grupo vogal Cantar Delas. A cita, que comezará ás 18.00 horas, está dirixida por Fernando G. Jácome.

O obxectivo da proposta é dar a coñecer as composicións musicais e as súas creadoras, postergadas durante séculos é escuridade da historia. “Na historia da humanidade faltan as páxinas das aportacións femininas á construción cultural e social. Mulleres escritoras, filósofas, pintoras, científicas e compositoras foron esquecidas, ignoradas e silencias por unha sociedade construída en masculino que relegou as mulleres a un papel secundario, negándolles o acceso á educación e atribuíndolles como rol fundamental o reprodutivo e o ámbito privado. Confinadas no silencio, as compositoras e intérpretes foron invisibilizadas e, aínda hoxe, silenciadas. A ruptura do silencio pasa polo coñecemento e o recoñecemento do seu valor e capacidade creativa”, explican desde a organización.

O repertorio está formado por composición desde o século XII ata o século XX. Os asistentes poderán gozar os que se acheguen está O virtus sapientiais do século XII; Quantas sabedes amar amigos do século XIII-XIV; A alba venid, buen amigo. Cacioneiro de Palacio nº6 e Se me a min nao casan. Cancioneiro de París nº19.

Entre as composicións populares, soarán Alalá de Triacastela. Tradicional, Romance da lavandeira. Tradicional e Alalá das Mariñas. Do século XIX e XX, están A marcha das mulleres e Volver a los 17. No programa tamén se inclúen Coplas de Cun de Modesta Bor, Si a mí me hubieran dicho de Beatriz Corona e Miserere de Eva Ugalde, entre outras.