Skip to main content
Samos

A Asociación de Comerciantes e Artesáns de Samos recoñeceu o labor de once persoas no desenvolvemento local

Por 20 Novembro, 2023Sin comentarios

A Asociación de Comerciantes e Artesáns do Concello de Samos entregou esta fin de semana unhs premios a 11 dos seus socios xubilados con motivo do aniversario dos trinta anos da asociación.

Así, a homenaxe fíxose concretamente a persoas que, desde a Asociación de Comerciantes consideran que contribuíron ao desenvolvemento local e foron “innovadores, visionarios e audaces no seu labor”.

Amadeo Rodríguez Guitián, José Manuel Pérez Rodríguez, Enrique Álvarez Fernández, Manuel López López, Pío Préstamo Vila, José López Moure, Alberto López Cereijo e Purificación González Seijas, Celia Regueiro Fernández, Antonio Arza González e José Vázquez Castrillón foron os galardonados.

A través dunha medalla e un diploma, os xa xubilados socios da Asociación de Comerciantes foron recoñecidos por toda unha vida de traballo en Samos e en favor do comercio e turismo da vila.