Skip to main content
Samos

O valado do paseo da Capela do Ciprés de Samos foi mellorado cunha axuda de 40.000 euros

Por 21 Novembro, 2023Sin comentarios

O Goberno local de Samos vén de rehabilitar o valado do paseo da Capela do Ciprés, un exemplo do románico galego que se atopa a uns metros do Mosteiro de Samos.

Así, a través dunha subvención de 40.000 euros proporcionada pola Mancomunidade de Municipios Galegos do Camiño Francés, que preside Olga Iglesias, alcaldesa de Triacastela, Samos xa conta cun paseo renovado.

O paseo da Capela do Ciprés é unha ruta moi transitada, xa que hai que os peregrinos pasan por ela ao vir desde Triacastela e chegar a Samos, polo que “era necesario mellorala, xa que levaba moitos anos abandonada”, sostén a alcaldesa.

Esta iniciativa parte do compromiso do Concello por mellorar a vida dos veciños e veciñas e das persoas que se achegan a Samos, polo que tamén levaron a cabo, durante estes primeiros 6 meses de Goberno o acondicionamento do teito do pavillón, a rehabilitación da varanda e dunha mesa na área de Teiguín, a iluminación da entrada de Samos, a renovación dos carteis de información sobre o Concello, a limpeza de beirarrúas e do río, e o acondicionamento de diversas zonas públicas.