Skip to main content
Samos

Os populares de Samos critican que a empresa encargada de prestar servizos sociais non cobra

Por 24 Novembro, 2023Sin comentarios

Miguel Gallego, voceiro do Grupo Municipal do PP de Samos, denuncia “a mala xestión dos cartos públicos que está facendo o goberno bipartito” tendo en conta “as queixas de varias empresas ante impagos por parte do Concello de Samos”.

Os populares amosan a súa preocupación porque “a empresa encargada de prestar servizos sociais vai deixar de traballar para o Concello de Samos porque acumula, dende agosto, unha débeda de máis de 16.000 euros”.

Trátase dunha “cantidade importante para unha empresa pequena que si paga puntualmente aos traballadores e que, ata o momento, non tivo ningún problema como tampouco os ten noutros Concellos que si pagan puntualmente este tipo de servizos, segundo nos trasladou a súa xerente”.

Os concelleiros do PP pregúntanse “onde investiu a alcaldesa e o goberno bipartito os máis de 80.000 euros procedentes de dúas modificacións de crédito aprobadas recentemente que a alcaldesa explicaba nos medios de comunicación que eran para promoción social”.