Skip to main content
Samos

‘Samos’, a obra sobre lenzo e lousa que abre a exposición do artista galego Leopoldo Nóvoa

Por 30 Novembro, 2023Sin comentarios

A obra ‘Samos’ abre a exposición que acolle o Museo Provincial de Lugo do artista galego Leopoldo Nóvoa ata o vindeiro 4 de febreiro de 2024.

Esta peza, realizada sobre lenzo e lousa collida da contorna do Mosteiro de Samos, foi levada a cabo no ano 1993 e doada pola familia do artista ao Museo Provincial, que agora expón.

Esta exposición, ‘Leopoldo Novoa. O silencio da pintura’, inclúe 32 obras entre cadros e libros ilustrados polo artista pontevedrés, como unha das grandes referencias da arte abstracta tanto dentro como fóra de Galicia na segunda metade do século pasado.