Skip to main content
Sarria

Sarria contará con 18 cámaras para regular e controlar o tráfico na vila

Por 4 Novembro, 2023Novembro 5th, 2023Sin comentarios

O novo sistema de tráfico de Sarria incluirá 18 cámaras de tráfico para mellorar a circulación e a seguridade vial na vila, instaladas polo Concello de Sarria a través dun proxecto aprobado hai case un ano e que conta cun orzamento de 129.954 euros.

Esta actuación comezará a desenvolverse a partir da semana que vén despois de aprobar unhas modificación que faltaban por definir na última xunta de goberno.

Así, as cámaras incluirán un sistema de lectura de matrículas de vehículos en distintos accesos e saídas do cascos urbano e cámaras de videovixilancia nas principais interseccións para informar sobre as condición de tráfico en cada un dos puntos onde están instaladas as cámaras.

O control en directo e diferido das imaxes será traballo da Policía Local de Sarria desde o centro de control da súa sede para analizar os movementos por un área de ata seis metros de ancho desde o lugar no que se atopa cada unha das cámaras, que estarán fixadas en farois.

O concelleiro de Seguridade Cidadá no Concello de Sarria valora positivamente este novo sistema de tráfico, defendendo que “será un avance importante en materia de seguridade”.