Skip to main content
Sarria

Lúa Río recibiu o segundo premio nun concurso literario por parte de subdelegada do Goberno

A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, entregou o segundo premio nun concurso literario a unha alumna do Colexio da Asunción de Sarria, Lúa Río.

Xunto coa gañadora e finalistas do concurso literario realizado nos diferentes colexios da provincia con motivo da celebración, colocaron a coroa de loureiro durante a homenaxe aos caídos no Vello Cárcere de Lugo.

Durante este acto, ademais, fixo entrega dun obsequio pola especial colaboración coa Subdelegación de Defensa ao Tenente Coronel Julio González, como recoñemento do labor de divulgación da subdelegación de Defensa e a súa apertura á sociedade para fomentar o coñecemento do traballo das Forzas Armadas.