Skip to main content
Sarria

Comezan as actividades de igualdade no colexio Frei Luis de Granada de Sarria

Por 7 Novembro, 2023Novembro 8th, 2023Sin comentarios

A Anpa do centro educativo Fre Luis de Granada anuncia que a partir deste xoves comezan as actividades de igualdade no marco docente, a través de dinámicas, talleres, contacontos e máis novidades.

Así, terán lugar no centro da man dun equipo composto por educadores sociais, psicopedagogas , graduados en maxisterio e tėcnicos, baixo previa supervisión dos contidos por parte dos titores,e a xefa de estudos. Ademais, o venres terán unha nova cita con contacontos e actividades na Casa da Cultura.

Por outra parte, tamén anunciaron a creación do Frei Luis Team, da man de Enrique Saa, un equipo de fútbol sala mixto que representará ao colexio nas competicións deportivas.