Skip to main content
Axenda CaducadaSarria

A anpa do Frei Luis de Granada de Sarria organiza un contacontos e un obradoiro sobre a igualdade

Por 8 Novembro, 2023Novembro 9th, 2023Sin comentarios

A Asociación de Nais e Pais do Frei Luis de Granada de Sarria organiza o vindeiro 10 de novembro o contacontos A Perruca de Luca. Nesta xornada tamén se levará a cabo unha proxección e o obradoiro Papá tamén leva pulseiras.

Ambas actividades forman parte do programa ‘Convivindo na igualdade. Xornadas de igualdade e lecer infantil’ e terán lugar na Casa da Cultura do Concello de 18.15 a 19.30 horas, dirixidas a nenos e nenas de infantil e primaria. Os interesados xa poden solicitar a súa praza.

A obra sobre a que xirará a sesión de contacontos achega a historia de Luca, un neno especial ao que lle gusta levar o pelo longo, usar unha perruca rosa e xogar a disfrazarse. No colexio rinse del, aínda que Luca non entende porque hai cousas que son só para nenos e outras para nenas, porque a el gústanlle todas e non quere ter que elixir.