Skip to main content
Axenda CaducadaSarria

As obras do sarriao Julio Fernández están expostas na Sociedade Cultural La Unión

Por 11 Novembro, 2023Novembro 12th, 2023Sin comentarios

A Sociedade Cultural La Unión de Sarria acolle a exposición de obras de talla e pintura do sarriao Julio Fernández ata o vindeiro 14 de novembro.

En total, 80 obras en talla de madeira e 20 pinturas elaboradas polo veciño sarriao poderán verse neste local. O veciño, que deu renda solta á súa paixón manual despois da retirarse do seu traballo ordinario, é coñecido por moitos como ‘O rei’.

Julio Fernández apuntouse a clases de talla, iniciándose no mundo da artesanía e agora talla obxectos, como o escudo da SD Sarriana en madeira de castiñeiro, a súa preferida; pero tamén santos, como un Cristo de 1,20 metros de altura que está exposto no altar da igrexa de Vilaesteva.