Skip to main content
Sarria

O festival de música San Martiño Caníbal acolleu centos de persoas en Louseiro

Por 14 Novembro, 2023Novembro 15th, 2023Sin comentarios

Desde a Asociación Gorriós, que organizou as festas de XI edición do festival de música San Martiño Caníbal da parroquia de Louseiro, en Sarria, din que foi unha xornada “moi boa”.

Así, destacan que o ambiente foi “xenial, coma sempre”, a comida “moi boa” e a festa “moi sa”, o que lle deu tanto aos organizadores como ás persoas participantes a sensación que foi un éxito.

A pesar de que non se achegaron tantas persoas como o ano pasado, “por mor do tempo”, tal e como explica Rosa, da Asociación Gorriós; foron moitos os que participaron dos catro concertos organizados coa colaboración do Buril, así como na comida popular para compartir momentos cos seus veciños.