Skip to main content
Sarria

Sarria acollerá por primeira vez un Mercado de Nadal para promover o comercio e a vida na vila

Por 22 Novembro, 2023Novembro 23rd, 2023Sin comentarios

O Concello de Sarria súmase ás iniciativas nadaleñas dos seus concellos veciños e pon en marcha o seu primeiro Mercado de Nadal, que se celebrará entre o vindeiro 21 de decembro e ata o 7 de xaneiro de 2024.

Así, todas as asociacións, artesáns, ONG’s, comerciantes, artistas, produtores e demais persoas interesadas en participar cos seus postos expostos nas rúas de Sarria, poderán inscribirse desde hoxe e ata o 10 de decembro.

Desta maneira, os veciños e veciñas de Sarria, así como visitantes, poderán desfrutar dunha iniciativa para promover a vida na vila e o comercio, algo que xa fan concellos como Monforte, Guitiriz ou Lourenzá.

Para inscribirse, haberá que mandar un correo á dirección cultura@sarria.gal, indicando o nome completo, os productos a ofrecer, un teléfono e un correo electrónico.