Skip to main content
Deportes LUGOXADeportes TERRACHÁXAFriolFriol TERRACHÁXA

Sancionan á adestradora do PM Friol con 42 partidos

Por 15 Novembro, 2023Sin comentarios

A adestradora do PM Friol, María Covadonga Regueiro, Covi, vén de ser suspendida con 42 partidos por incumprir de forma prolongada as sancións impostas desde a primeira xornada da competición.

A preparadora do club, que milita na Terceira Federación logo do seu descenso a pasada tempada, foi sancionada nun primeiro momento por enfrontarse con un asistente e por entrar no vestiario do árbitro. Nesta primeira vez foi sancionada con dous partidos polo que nos seguintes sentouse na grada pero deu instrucións mediante teléfono e auriculares. Así, foron incrementando as multas ata chegar aos 42 que acumula agora mesmo, todo eles no que vai de Liga.

Agora mesmo Covi xa non ocupa o banco durante os partidos, faino o segundo adestrador e presidente do club, Ángel Villar.

O club recoñeceu algunhas das infraccións e cualificou de desmedidas as sancións ao mesmo tempo que explicou que moitas delas foron por mal entendemento co comité nas ordes do que podía facer a adestradora e o que non.

Tanto desde o club, como a propia adestradora, aseguran que se está a producir un constante acoso a través de algunhas das publicacións que apareceron en medios dixitais e redes sociais “que están a afectar á súa vida persoal e profesional” polo que non descartan emprender accións legais “cara as persoas e medios que contribúan a difundir inxurias e calumnias que manchen o bo nome do noso club e da nosa traballadora”.