Skip to main content
FriolFriol TERRACHÁXA

Rematan as obras de iluminación do campo de fútbol e o mercado gandeiro de Friol

Por 3 Novembro, 2023Sin comentarios

O Concello, a través da colaboración no financiamento da totalidade dos 100.000 € por parte da Xunta de Galicia, aforrará máis do 40% no consumo enerxético.

Ata o de agora o alumeado existente no campo de fútbol de Friol, na rúa de acceso, e no mercado gandeiro, encontrábase en condicións moi deficitarias, con luminarias con un elevado consumo de enerxía eléctrica, polo que o concello tiña que asumir un elevado custo económico.

Os traballos no campo de fútbol veñen dados tamén debido ás peticións recibidas dende todos os clubs de fútbol do pobo, que viñan solicitando dende fai un tempo, debido á mala calidade lumínica da instalación existente, que fai que os partidos que se teñen que disputar en días ou en horarios con pouca visibilidade, provoque as queixas dos árbitros e dos equipos rivais.
Con estes traballos realizouse a renovación do alumeado existente, colocando novas luminarias e proxectores de tipo LED de menor potencia, con dobre nivel, realizouse a instalación de un descargador de tensión e unha nova toma de terra en cada cadro de protección e mando existente.

Están a colocarse tamén unhas torres de iluminación, no campo de fútbol, de 15 metros de altura para colocar os proxectores LED, segundo marca a normativa de NIDE de iluminación de campos de fútbol.

En canto ao mercado gandeiro está a realizarse a substitución dos proxectores existentes por outros máis eficientes en LED.

Con estes traballos, cos que se incrementará en mais de un 30% o número de puntos de luz existentes, e cos que será moito menor a potencia consumida en quilovatios, conseguirase que o consumo enerxético, e polo tanto os custes, se vexan reducidos en mais de un 40%.

O Concello de Friol intenta reducir custos enerxéticos, custos de mantemento, mellorar a calidade lumínica, etc., polo que continúa co proxecto de renovar todas as luminarias do alumeado público.

Jose Ángel Santos, alcalde de Friol insiste en que “dende o Equipo de Goberno intentamos aproveitar subvencións, convenios, ou axudas para poder levar a cabo a maior cantidade de obras, servizos, etc., co obxectivo de mellorar os servizos, e neste caso aproveitamos unha subvención de Vicepresidencia da Xunta de Galicia para acometer estes traballos tan necesarios, e demandados, e cos que ademais imos conseguir un aforro moi importante tanto en consumo enerxético como en gastos das arcas municipais”.