Skip to main content
Axenda CaducadaFriolFriol TERRACHÁXA

A asociación Pena Castrela organiza un magosto en Narla o 11 de novembro

Por 7 Novembro, 2023Sin comentarios

Os veciños de Friol teñen unha cita o vindeiro sábado 11 de novembro. A asociación Pena Castrela organiza un magosto na parroquia de Narla.

A cita contará coa actuación musical da cantante Nerea Cobas, veciña da zona. Os asistentes tamén poderán gozar coa sesión do Dj Francis.

En canto á cea popular, haberá empanada, chourizo, bacon, xamón cocido, churrasco, panceta, postre, café e castañas por un prezo de 20 euros.