Skip to main content
Outeiro de Rei LUGOXAOuteiro de Rei TERRACHÁXA

Outeiro de Rei acolle unha xornada informativa sobre consumo responsable de luz e gas

Por 6 Novembro, 2023Sin comentarios

O Concello de Outeiro de Rei acolle este martes 7 de novembro, no salón de actos da Casa da Cultura ás 17:30 horas, unha xornada informativa sobre servizos no fogar, luz e gas, promovida polo Instituto Galego do Consumo e da Competencia.

O obxectivo da mesma é ofrecer ás persoas consumidoras información e alternativas ás contratacións do suministro eléctrico e de gas.

Igualmente, está previsto que o día 22 de novembro teña lugar a xornada informativa sobre o consumo responsable e decisións de compra, no mesmo lugar e á mesma hora.