Skip to main content
Outeiro de Rei LUGOXAOuteiro de Rei TERRACHÁXA

Outeiro de Rei celebra o 25N cunha andaina

Por 23 Novembro, 2023Sin comentarios

Dentro da campaña de sensibilización que organiza o Concello de Outeiro de Rei con motivo da celebración do Día Internacional contra a violencia de xénero están previstas varias actuacións.

A primeira é a realización este sábado 25 de novembro dunha andaina popular pola senda de Outeiro de Rei a Guillar. Esta partirá ás 11:00 horas da praza do Concello e está aberta á participación de familias e persoas sensibles que apoian a loita contra a lacra social que supón este tipo de violencia.

As persoas interesadas poden inscribirse na Casa da Cultura en horario de mañá ata este venres no teléfono 982 393 408.

Igualmente, dentro da campaña de sensibilización deste ano estanse emitindo cuñas de radio en varias emisoras e tamén está previsto que se publiquen o 25 de novembro varios anuncios.

Ao igual que en anos anteriores, vanse repartir gratuitamente bolsas reutilizables conmemorativas desta data. As persoas interesadas poden solicitar a súa nas oficinas municipais do Concello este venres día 24 e ata esgotar existencias. Este material tamén estará dispoñible para a súa recollida na Casa da Cultura e no Centro Médico.

Igualmente, repartiranse a través de nenos e nenas usuarios da Escola Infantil Municipal e do servizo de Conciliación Familiar.

O obxectivo con este tipo de accións sempre é o mesmo: sensibilizar e concienciar á poboación para evitar a lacra social que supón a violencia de xénero que lamentablemente non deixa de estar presente na nosa sociedade.

Estas accións están financiadas con cargo aos créditos recibidos do Ministerio de Igualdade (Secretaría de Estado de Igualdade e contra a Violencia de Xénero) e á achega económica do Concello de Outeiro de Rei.