Skip to main content
Pol LUGOXAPol TERRACHÁXA

Teatro afeccionado este sábado en Pol

Por 23 Novembro, 2023Decembro 15th, 2023Sin comentarios

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo programa esta fin de semana unha nova actuación dentro do Circuíto de
Teatro Afeccionado impulsado dende a área de Cultura.

A actuación terá lugar no centro sociocultural de Mosteiro-Pol, este sábado, 25 ce novembro. Trátase da obra Vaise pechar outra casa máis, a cargo dos Baluros, de Castro de Rei.

Pepe é un labrego que vive nunha aldea xunto coa súa nai, a viúva Maruxa. Con moitas dificultades sobreviven sen atopar o xeito de mellorar naquel medio rural de mediados dos setenta. Engaiolado polos relatos da vida que di levar un veciño emigrado, segue o camiño deste, a pesares da fonda tristura que senten, tanto el como a súa nai. Pero un agravamento da saúde de Maruxa, forza o seu regreso.