Skip to main content
As PontesAxenda Caducada

As Pontes acolle o Concerto de Outono o sábado 11 de novembro

Por 8 Novembro, 2023Sin comentarios

Os veciños das Pontes teñen unha cita o vindeiro sábado 11 de novembro. O auditorio Alovi acollerá o Concerto de Outuno a partir das 20.00 horas.

No programa participan o proxecto vocal Concerto Tempo de Ferrol, a Coral Polifónica Eixil de Cedeira e a Coral Endesa das Pontes.

O concerto, no que colabora a Deputación da Coruña, está organizado pola Coral Endesa As Pontes e polo Concello das Pontes.