Skip to main content
As Pontes

Abre o prazo de inscrición para as actividades da piscina das Pontes

Por 2 Novembro, 2023Sin comentarios

O Concello das Pontes abriu hoxe o período de inscrición nas actividades, para o curso 2023-2024, da piscina municipal.

Habilitáronse dúas vías para realizar as inscricións; de forma telemática, a través do e-mail piscinadaspontes@serviplus.org, e de forma presencial, na piscina municipal.

No caso dos cursos infantís, poderanse inscribir a todos os nenos/as da unidade familiar mentres que nos cursos e actividades para persoas adultas só se admitirá unha inscrición por persoa. En ámbolos casos, as prazas dispoñibles repartiranse ao 50% entre os dous métodos de inscrición.

Este ano impartiranse cursos de natación para bebés e niveis (de cero a catro) para nenos e nenas desde 3 a 16 anos mentres que para as persoas adultas haberá cursos de natación (iniciación e perfeccionamento) e aquagym.

Por outra banda, a piscina municipal continuará coa súa proposta de actividades dirixidas a persoas adultas ofertando, este ano, adestramento funcional, pilates e GAP.